Aviso legal

En cumprimento do establecido no Art. 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSI-CE), infórmase que esta páxina web, con dominio www.alentae.com é titularidade de Artegalia Economía Social S.L.

A responsable do servizo prestado a través da web é Artegalia Economía Social S.L.:

R/ República Checa, 17, Pg. Industrial Costa Vella, CP 15707, en Santiago de Compostela (A Coruña).

Teléfono: 981 51 90 26

Enderezo de correo electrónico: herminio.martinez@artegaliadistribucion.gal C.I.F.: B-70.105.788

Inscrita no Rexistro Mercantil de A Coruña, Folio 55, Tomo 3195 da Sección Xeral, Folla C40899, Inscrición 1ª.


TERMOS E CONDICIÓNS


PERSOAS USUARIAS:
O acceso e/ou uso deste portal de Artegalia Economía Social S.L. atribúe a condición de PERSOA USUARIA, que acepta, dende dito acceso e/ou uso, as condicións xerais de uso aquí reflectidas.


USO DO PORTAL:
www.alentae.com proporciona o acceso a multitude de informacións, datos e fotografías (en adiante, "os contidos") en Internet pertencentes a Artegalia Economía Social S.L. A PERSOA USUARIA asume a responsabilidade de uso do portal. A PERSOA USUARIA comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos (como por exemplo poderían ser servizos de chat, foros de discusión ou grupos de noticias que cheguen a crearse dentro do portal) que Artegalia Economía Social S.L. ofrece a través do seu portal e con carácter enunciativo pero non limitativo, a non empregalos para (i) incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; (ii) difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; (iii) provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de Artegalia Economía Social S.L, dos seus provedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados; (iv) intentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correo electrónico doutras persoas usuarias e modificar ou manipular as súas mensaxes. Artegalia Economía Social S.L. reserva o dereito de retirar todos aqueles comentarios e aportacións que vulneren o respecto á dignidade da persoa, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a xuventude ou a infancia, a orde ou a seguridade pública ou que, ao seu xuízo, non resultaran adecuados para a súa publicación. En calquera caso, Artegalia Economía

Social S.L non será responsable das opinións vertidas polas persoas usuarias a través dos foros, chats ou outras ferramentas de participación que se poidan chegar a crear dentro do portal web corporativo, así como nos perfís oficiais de redes sociais de Artegalia Economía Social S.L.


PROTECCIÓN DE DATOS:
Artegalia Economía Social S.L cumpre coas directrices e obrigas reguladas no REGULAMENTO (UE) 2016/679 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos e garantía de dereitos dixitais e demais normativa vixente sobre protección de datos en cada momento, e vela por garantir un correcto uso e tratamento dos datos persoais empregados nos seus sistemas de información, así como a súa confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia en todo momento.


PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL:
Artegalia Economía Social S.L por si mesma ou como cesionaria, é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial da súa páxina web, así como dos elementos contidos na mesma (a título enunciativo, imaxes, son, audio, vídeo, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais usados, programas de ordenador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso, etc.), titularidade de Artegalia Economía Social S.L ou ben dos seus licenzantes. Todos os dereitos reservados en virtude do disposto nos artigos 8 e 32.1, parágrafo segundo, da Lei de Propiedade Intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, a distribución e a comunicación pública, incluída a súa modalidade de posta a disposición, da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medios técnico, sen a autorización de Artegalia Economía Social S.L. A PERSOA USUARIA comprométese a respectar os dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial titularidade de Artegalia Economía Social S.L. Poderá visualizar os elementos do portal e incluso imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico sempre e cando sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal ou privado. A PERSOA USUARIA deberá absterse de suprimir, alterar, eludir ou manipular calquera dispositivo de protección ou sistema de seguridade que estivera instalado nas páxinas de Artegalia Economía Social S.L


EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE:
Artegalia Economía Social S.L. non se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puideran ocasionar, a título enunciativo: erros ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade do portal ou a transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, a pesar de ter adoptado todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.


MODIFICACIÓNS:
Artegalia Economía Social S.L reserva o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas no seu portal, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que presten a través desta como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados no seu portal.


ENLACES:
No caso de que en www.alentae.com se dispuxesen enlaces ou hipervínculos cara a outros sitios de Internet, Artegalia Economía Social S.L. non exercerá ningún tipo de control sobre ditos sitios e contidos. En ningún caso Artegalia Economía Social S.L. asumirá responsabilidade algunha polos contidos dalgún enlace pertencente a un sitio web alleo, nin garantirá a dispoñibilidade técnica, calidade, fiabilidade, exactitude, amplitude, veracidade, validez e constitucionalidade de calquera material ou información contida en ningún dos ditos hipervínculos ou outros sitios de Internet. Igualmente, a inclusión destas conexións externas non implicará ningún tipo de asociación, fusión ou participación coas entidades conectadas.


DEREITO DE EXCLUSIÓN:
Artegalia Economía Social S.L. reserva o dereito de denegar ou retirar o acceso ao portal e/ou aos servizos ofrecidos sen necesidade de aviso previo, a instancia propia ou dun terceiro, a aquelas persoas usuarias que incumpran as presentes Condicións Xerais de Uso.


XERALIDADES:
Artegalia Economía Social S.L. perseguirá o incumprimento das presentes condicións, así como calquera utilización indebida do seu portal exercendo todas as accións civís e penais que lle poidan corresponder en dereito.


MODIFICACIÓN DAS PRESENTES CONDICIÓNS E DURACIÓN:
Artegalia Economía Social S.L. poderá modificar en calquera momento as condicións aquí determinadas, sendo debidamente publicadas como aquí aparecen. A vixencia das citadas condicións irá en función da súa exposición e estarán vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.


LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICCIÓN:
A relación entre Artegalia Economía Social S.L. e a PERSOA USUARIA rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia someterase aos xulgados e tribunais competentes.