Produtos

As nosas máscaras están homologadas por laboratorios nacionais autorizados

Produtos

Respirando confianza

Fabricamos e comercializamos máscaras cirúrxicas dun só uso tipo IIR producidas en Galicia e testadas por Aitex.
As máscaras cirúrxicas de tres capas de Alentae teñen unha Eficacia de Filtración Bacteriana igual ou superior ao 98%. O resultado é unha maior resistencia do material á penetración de partículas.

Calidade certificada

Todas as nosas máscaras son homologadas e auditadas polos organismos competentes nas nosas instalacións de Bergondo, en A Coruña, conforme á especificación UNE-EN 14683:2019+AC:2019, que establece os requisitos e métodos de ensaio da máscara cirúrxica, indicada para o uso sanitario.

Protección segura e fiable

Co obxectivo de proporcionar benestar e protección ás persoas usuarias dos nosos produtos, traballamos na innovación e a mellora continua dos nosos procesos de traballo, incluíndo equipamento tecnolóxico, técnicas de xestión e controis de calidade exhaustivos para incrementar as capacidades do noso equipo, a produción e a satisfacción da nosa clientela.

"Traballamos na innovación e a mellora continua dos nosos procesos de traballo"

Producimos en España

O noso centro produtivo situado no polígono industrial de Bergondo, en A Coruña, conta con cinco liñas de produción automatizadas de alta tecnoloxía con capacidade para producir 13 millóns de unidades de máscaras cirúrxicas sanitarias tipo IIR ao mes.

Traballamos nun espazo seguro e controlado

Para garantir o control e a seguridade requirida na industria sociosanitaria, o noso proceso produtivo desenvólvese nunha Sala Branca* especialmente deseñada para asegurar uns parámetros ambientais estritamente controlados garantindo así a calidade do noso produto.
* Certificada con ISO 7 segundo a Norma UNE-EN-ISO 14644-1:1999
A maior vantaxe é que os seus protocolos aseguran que todo o proceso se leva a cabo nunha atmosfera de contaminación cero.

Cobertura nacional e internacional

Estamos presentes nos mercados galego, nacional e internacional. Contamos cunha ampla cobertura na comercialización das nosas máscaras cirúrxicas a través das nosas canles de distribución para seguir medrando e xerando emprego para as persoas con discapacidade.
As máscaras Alentae están ensaiadas e contan co marcado CE segundo a norma europea EN 149:2001+A1:2009 de máscaras autofiltrantes para partículas.

A nosa Política de Calidade

Fabricación

Infórmate agora

Contactar