Quen somos

Somos un centro especial de emprego de economía social

Dedicada á produción de máscaras cirúrxicas, a nosa empresa de economía social desenvolve a súa actividade no sector sociosanitario para dar resposta ás súas necesidades. Para Alentae este é un sector clave xa que a dedicación ás persoas e o seu benestar forma parte da nosa razón de ser.

"Unha economía social que axuda a cohesionar o territorio xerando un relevante impacto social"

Xeramos valor social

Alentae é un centro especial de emprego de economía social promovido por COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) e integrado no seu grupo de empresas, COGAMI Empresarial, co que compartimos a misión de xerar emprego para as persoas con discapacidade e promover a súa inclusión.

As persoas son o noso principal activo

As persoas son o verdadeiro motor do que facemos e son elas as que proporcionan toda a enerxía para que a maquinaria funcione. Este é o noso modelo de éxito: o desenvolvemento profesional e social dos nosos equipos que logran que día a día máis persoas sumen neste proxecto.

Compromiso cos dereitos das persoas con discapacidade

En Alentae ofrecemos á nosa clientela a posibilidade de cumprir coa Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, mediante as medidas alternativas, un importante recurso para a inclusión social das persoas con discapacidade.

Alentae é unha iniciativa beneficiaria do Programa BONO CONSOLIDA ECONOMÍA SOCIAL.

Quen Somos

Infórmate agora

Contactar